
Revoltallo
Detalles do eventos
Festival decano de Vigo que celebra a súa súa 28 edición no Centro Cultural de Valladares. Con concertos de Cró!, Grande Amore, Holywater e Xan Campos Trío e
Detalles do eventos
Festival decano de Vigo que celebra a súa súa 28 edición no Centro Cultural de Valladares. Con concertos de Cró!, Grande Amore, Holywater e Xan Campos Trío e novos talentos da música galega; e actividades infantís durante todo o día.
Venres 10
A programación musical arrinca á tarde coa música de MJ Pérez. Seguirán as versións máis coñecidas da música con Los Naipes e, para continuar, Holywater serán os encargados de encher a parroquia de auténtico rock and roll. O fin de festa
corre a cargo de Goaliza, DJ experimental de música eletrónica.
Para os nenos, haberá sesión de Clown e Maxia pola tarde a cargo de Troula Animación.
Sábado 11
Sesión vermú ao acústico de Lardelúa, un dúo que versiona música tradicional con rock and roll. Tamén no aperitivo será o turno de Enxeito, nunha mistura de funk e rap tremendamente divertido. A música continúa pola tarde, abrindo co son de Bandallus Aquaticus, unha sesión de música experimental, perfecta para quentar motores. A continuación, o pop
alternativo de Babieca dará ritmo a unha noite de música sen fin. A mítica banda viguesa Cró! volve ao Revoltallo presentado novo traballo no festival. Ademáis, a actuación deste grupo traerá consigo un espectáculo lumínico ao son da música. A continuación, o músico emerxente con máis éxito de Galicia, Grande Amore, fará bailar a todos co seu peculiar trap en galego. Para pechar, o DJ Paco Nonovo, fará o fin de festa.
As actividades infantís terán lugar ao longo de toda a tarde: música e narración oral coa Orquesta Camarote e Tarabelos.
Domingo 12
O domingo, a música trasladarase ao auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares con Xan Campos Trío e a música de Cernadas acompañada pola voz de Fransy González.
O domingo tamén está cargado de actuacións infantís con maxia de Maxia na Manga e contacontos de Donde viven los cuentos.

Máis
Hora
10 setembro, 2021 21:00 - 12 setembro, 2021 21:00(GMT+01:00)
Localización
CVC Valladares
Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO
Hoxe móvese
- Mes actual