
08mar10:00Retratos en directoARTE E MUSEOS | De balde10:00(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo
Detalles do eventos
Centro Comercial Travesía celebra o 8M con retratos en directo a mulleres e coa campaña online ‘Mujeres que inspiran‘. O centro comercial súmase un ano
Detalles do eventos
Centro Comercial Travesía celebra o 8M con retratos en directo a mulleres e coa campaña online ‘Mujeres que inspiran‘.
O centro comercial súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Muller. Nesta ocasión, o mércores 8 de marzo, o recinto comercial contará cun ilustrador que realizará en directo e de maneira gratuíta, retratos a mulleres. Visibilizamos así a figura da muller nun contexto de igualdade a todos os niveis. Esta actividade está aberta tanto a clientas como a traballadoras dos distintos establecementos que operan no centro comercial. O ilustrador, terá habilitado un espazo na planta 1, en horario de 10:00 a 12:00 h e de 17:30 a 19:30h. As mulleres protagonistas poderán levar o seu retrato realizado a man.
Tamén teñen un e-book con material gráfico composto por decenas de frases icónicas pronunciadas por líderes femeninas en todos os ámbitos da sociedade, ao longo da historia e no presente. Todo isto é unha continuación da campaña “Mujeres que Inspiran” dispoñible na súa web e en redes sociais.
Mércores 8 de 10:00 a 12:00 h e de 17:30 a 19:30h no Centro Comercial Travesía de Vigo.
Máis
Hora
8 marzo, 2023 10:00(GMT+01:00)
Localización
CC Travesía de Vigo
Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra
- Mes actual