Regueifas: Bieito e Alba
03set20:00Regueifas: Bieito e AlbaESPECTÁCULOS | De balde 20:00(GMT+02:00) Praza do Abanico
Detalles do eventos
A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país da secular arte popular da improvisación oral en verso, da que se atopan referencias desde a Antiga Grecia.
Detalles do eventos
A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país da secular arte popular da improvisación oral en verso, da que se atopan referencias desde a Antiga Grecia. Unha arte poética e popular que manteñen viva desde a asociación regueifa.org e co apoio da Concellería de Normalización Lingüística.
Na actualidade a confrontación realízase normalmente por parellas, aínda que é relativamente habitual que cando hai varios regueifeiros ao final participen todos nunha roda na que cada quen fai unha copla.
Ás 20:00, nos seguintes días e lugares:
3 martes, Bieito e Alba na praza do Abanico (na zona vella preto de Casa do Concello)
4 mércores, Lupe e Josinho na zona peonil do Calvario
5 xoves, Luís e Bieito na alameda de Bouzas
6 venres, Alba e Josinho na praza da Independencia
7 sábado, Suso e Antonio en Navia (As Teixugueiras, 22-24)
Máis
Hora
3 setembro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Praza do Abanico
Rúa San Sebastián, 12 36202 Vigo Pontevedra