REVISTA ABRIL

Recordoleterlorintorel

23xul(xul 23)18:0019ago(ago 19)21:00RecordoleterlorintorelEXPOSICIÓNS | De balde(xullo 23) 18:00 - (agosto 19) 21:00(GMT+02:00) Fundación Laxeiro

Detalles do eventos

A Fundación Laxeiro en colaboración co Colectivo NEG (Nova Escultura Galega) e Vertixe Sonora expoñe o proxecto Recordoleterlorintorel con motivo do XXV aniversario da morte do artista Xosé Otero Abeledo, alcuñado como Laxeiro. O pintor galego destaca polas súas obras de carácter imaxinativo, fantástico, irónico e mordaz, con paletas sobrias de terras, ocres e negros, e temas como a infancia rural ou as súas vivencias en América.

A proposta consiste nunha instalación na que o son é a personaxe principal, que nace a partir dun texto de Laxeiro. No fragmento, o artista parodia o seu propio currículo con palabras inventadas nunha crítica ao sistema da arte que lle resultaba alleo á actividade creativa, defendendo a súa independencia como artista. O son da peza está acompañado de fortes luces de cor (azul, verde e vemello) que semellan raios nunha tormenta e resaltan as extravagantes esculturas e pinturas da peza.

O proxecto organizado por Misha Bies Golas, Alejandra Pombo Su, Jorge Varela e Diego Vites, está dispoñible xunto á exposición permanente do artista ata o 19 de setemnbro, permitindo aos visitantes visualizar as obras e reflexionar sobre a súa figura, pero tamén aprender sobre as vivencias do creador a partir dos textos explicativos que acompañan aos cadros da sala.

Horarios de visita:

Luns – venres: 18:00h – 21:00h.

Sábados: 12:00h – 14:00h, 18.00h – 21:00h.

Domingo e festivos: 12:00h – 14:00h.

Visitas guiadas

Cita previa ao teléfono 986 438475 ou o email fundacion@laxeiro.org .

Máis

Hora

Xullo 23 (Venres) 18:00 - Agosto 19 (Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events