
Detalles do eventos
Este venres 19, ás 19:30h Oroza o Grupo Poético Desafiando Sombras, quere sumarse ás homenaxes a Carlos Oroza lendo poemas do autor acompañados da música de Santiago Ferragud.
Detalles do eventos
Este venres 19, ás 19:30h Oroza o Grupo Poético Desafiando Sombras, quere sumarse ás homenaxes a Carlos Oroza lendo poemas do autor acompañados da música de Santiago Ferragud.
O colectivo naceu polo interese de numerosas persoas na poesía durante a pandemia, cando comezaron a homenaxear poetas de referencia a través de actos en rede, ao tempo que recitaban poemas propios. Coa volta á normalidade, deron o salto aos actos presenciais nos que len a autoras e autores de todos os tempos e escolas, dende os clásicos ata os contemporáneos: un mundo poético moi amplo, que non entende das fronteiras dos estilos nin das linguas, pero centrado especialmente na figura das voces e presencias femininas. Non en van gran parte das súas integrantes son mulleres.
Venres 19 ás 19:30 h na Asociación Cultural Évame Oroza.
Máis
Hora
19 maio, 2023 19:30(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual