Recital 'O fruto e a Serpe'
Detalles do eventos
O xoves 14 de novembro (20:00 horas) terá lugar un recital moi especial organizado pola Asociación Évame Oroza en colaboración co colectivo artístico “O fruto
Detalles do eventos
O xoves 14 de novembro (20:00 horas) terá lugar un recital moi especial organizado pola Asociación Évame Oroza en colaboración co colectivo artístico “O fruto e a Serpe”. Trátase dunha lectura de poetas clásicos, falecidos pero inmortais que se aparecerán ante os ollos do público nos corpos de poetas actuais e vivas, a través dunha sesión de espiritismo na que aseguramos que as persoas asistentes non pasarán temor ningún e que ademais, terán un papel moi especial. As poetas e artistas vivas que prestan os seus corpos e voces ás defuntas son Silvia Penas, Samuel Merino, Orisel Gaspar, Luis Boullosa, Elvira Jardón e María Lado.
Esta Sesión de Espiritismo pretende ser un divertido xogo a medio camiño entre o recital de poesía e o teatro. A entrada é libre, pero agradecemos a inscrición previa a través do correo admin@evame.org. Haberá unha taquilla inversa, opcional, de mínimo 5 €.
Máis
Hora
14 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes