REVISTA ABRIL

Real Filharmonía de Galicia

19xan20:00Real Filharmonía de GaliciaCONCERTOS | Desde 6,30€20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Ballet Imperial Ruso está de xira para presentar a Gran Gala Tchaikovsky, un espectáculo para gozar das obras máis famosas do gran compositor P. Tchaikovsky, que se completará cunha versión de Bolero.

A tempada desenvolverase ata finais de maio no Teatro Afundación de Vigo. Inclúe cinco concertos a cargo da Real Filharmonía de Galicia, baixo as batutas de Joana Carneiro, Lars Vogt, Manuel Hernández-Silva, Simone Menezes e Paul Daniel; tres da Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixidos por Stanislav Kochanovsky, Thierry Fischer e Pablo González; e un recital a cargo da Orquesta Barroca de Tenerife, coa dirección de Alfonso Sebastián.

Abrirá a programación a Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta de Joana Caneiro, e con Gabriela Montero ao piano, mañá, 19 de xaneiro, ás 20.00 h. O recital consistirá na interpretación de An Andean Walkabout, de Gabriela Lena Frank; Suite de Pelleas e Melsinade, de Gabriel Fauré; e Concerto para piano en la menor, op. 7, de Clara Schumann.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+01:00)