REVISTA ABRIL

Rallye Rías Baixas

23xul17:3121:00Rallye Rías BaixasACTIVIDADES DEPORTIVAS | -17:31 - 21:00(GMT+02:00) O Castro

Detalles do eventos

O venres 23 os participantes darán dúas pasadas ao tramo urbano de O Castro (ás 17:08 h e ás 19:22 h) contando, despois de cada especial, cun parque de traballo na Universidade de Vigo e un reagrupamiento en Policarpo Sanz. A xornada finalizará pasadas as 21 horas coa chegada dos participantes ao parque pechado de Policarpo Sanz.

A presenza de público no tramo urbano do 54º Rallye Recalvi Rías Baixas que se disputará este venres no Monte de O Castro de Vigo estará condicionado pola actual situación de pandemia que vivimos. Para esta primeira xornada haberá un aforo de máximo 300 persoas. Para acceder ao recinto é preciso completar este formulario.

Na segunda xornada, o sádo 24, os equipos sairán do centro de Vigo para realizar unha asistencia de 10 min no CUVI e, posteriormente, acometer a primeira sección do día (formada polos tramos de Vigo-Nigrán, Gondomar-Porriño e Salceda). Tras pasar por un reagrupamiento en Porriño, os equipos que sigan en carreira regresarán ao parque de traballo e volverán facer o mesmo bucle de tramos. Para a tarde quedará un novo reagrupamiento en Porriño (16:10 h) e as dúas últimas especiais (Vigo-Nigrán e Gondomar-Porriño). A chegada do primeiro participante ao parque pechado final de Policarpo Sanz está prevista para as as 19:45 h.

Máis

Hora

(Venres) 17:31 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

O Castro

2 10, Paseo de Alfonso XII, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events