Galaxia

febreiro, 2022

Este é un evento repetitivo

11feb20:00RagazzoESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00 Sala Ártika

Ragazzo

Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, detencións, prohibicións de manifestarse, reunirse, e ata de tender a roupa nos balcóns… 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza.Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondiciounou como o seu fogar, durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. 

Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler, escribir, e incluso de namorarse… e por suposto, de participar no Fórum Social, soñando e provocando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo violar o confinamento da zona blindada para os líderes mundiais. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias personais: unha reivindicación.

Hora

Venres 11 de febreiro de 2022 ás 20:00h

Sábado 12 de febreiro de 2022 ás 20:00h

Domingo 13 de febreiro de 2022 ás 20:00h

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X