REVISTA ABRIL

Proxectos 2022

27xan(xan 27)19:0017mar(mar 17)21:00Proxectos 2022ARTE E MUSEOS | De balde(xaneiro 27) 19:00 - (marzo 17) 21:00(GMT+01:00) EMAO

Detalles do eventos

DATAS: 27 de xaneiro ao 17 de marzo de 2023
HORARIO: Luns a venres laborables, de 19:00 a 21:00h

Exposición formada por unha parte dos proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2021-2022.

O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.

A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2021-22; en concreto, das especialidades de:

  • Pintura
  • Talla e escultura en madeira
  • Debuxo artístico
  • Serigrafía artística
  • Cerámica
  • Artesanía en coiro
  • Moda e Confección
  • Ourivería
  • CAIM-Zanfona

As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.

Máis

Hora

Xaneiro 27 (Venres) 19:00 - Marzo 17 (Venres) 21:00(GMT+01:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events