Proxectos 2022
27xan19:00Proxectos 2022ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00) EMAO
Detalles do eventos
DATAS: 27 de xaneiro ao 17 de marzo de 2023HORARIO: Luns a venres laborables, de 19:00 a 21:00h Exposición formada por unha parte dos
Detalles do eventos
DATAS: 27 de xaneiro ao 17 de marzo de 2023
HORARIO: Luns a venres laborables, de 19:00 a 21:00h
Exposición formada por unha parte dos proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2021-2022.
O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2021-22; en concreto, das especialidades de:
- Pintura
- Talla e escultura en madeira
- Debuxo artístico
- Serigrafía artística
- Cerámica
- Artesanía en coiro
- Moda e Confección
- Ourivería
- CAIM-Zanfona
As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.
Máis
Hora
27 xaneiro, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
EMAO
36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes