
'Proxecto ID' de Jordi Bernadó
Detalles do eventos
Activistas, figuras da ciencia e da
Detalles do eventos
Activistas, figuras da ciencia e da literatura, premios Nobel, e outras celebridades protagonizan o proxecto ID Project de Jordi Bernadó (Lleida, 1966), a través do cal o artista explora a esencia da identidade humana, aquilo que supostamente fainos únicos. Retratos de grandes personalidades do mundo contemporáneo, célebres polo seu compromiso cos dereitos humanos, a creación, a ciencia, a ecoloxía ou a liberdade de expresión. Pero cunha singularidade: están de costas á cámara. Esta tensión entre celebridade e anonimato serve de pretexto para unha aguda reflexión sobre a identidade, a memoria e a importancia de pertencer a un lugar.
PRESENTACIÓN
O proxecto ID, de Jordi Bernadó, que se exhibe a partir do 2 de febreiro no MARCO, reúne 14 fotografías que constitúen un achegamento ao xénero do retrato. Grandes personalidades do mundo contemporáneo, especialmente célebres polo seu compromiso en distintos campos da ciencia, as artes, a investigación e os dereitos humanos, son as súas protagonistas.ID Project é un proxecto aberto, que foi presentado por primeira vez no Museu Nacional d’Art de Catalunya no verán de 2022. A partir de entón, continuou expandíndose e itinerando como proposta expositiva, grazas á colaboración da Colección de Arte Banco Sabadell, propietaria de todas as obras que integran o proxecto.As fotografías están suxeitas a dúas condicións. Primeira, cada participante debe elixir o lugar onde será fotografado. Non pode ser un lugar calquera, senón aquel que represente o seu lugar no mundo. Segunda, o artista pídelles que dean as costas á cámara. Non é o seu rostro o que captura, senón a súa ausencia. Un rostro ausente nunha paisaxe amada.En palabras de Amanda Mauri , “os retratados convértense en figuras apenas identificables: unha silueta no horizonte, un punto cardinal na vasteza que se abre ante a imaxe. A paisaxe convértese na única pista que o espectador ten acerca da identidade do retratado. Todos temos un lugar no mundo, un lugar que amamos, que estrañamos, un lugar ao que volver. E todos temos as nosas razóns para elixilo. Neste caso, o significado de cada lugar queda plasmado na fotografía, pero velado. Un segredo entre o suxeito e o artista.
Datas: 2 febreiro 2024 – 26 maio 2024
luns | Pechado |
martes | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
mércores | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
xoves | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
venres | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
sábado | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
domingo | 11:00–14:30 |
Máis
Hora
2 febreiro, 2024 11:00 - 26 maio, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes