Proxecto Home celebra 30 anos en Galicia
Detalles do eventos
Proxecto Home é unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal a prevención, tratamento e reinserción de persoas con problemas de adiccións e condutas autodestructivas.
Detalles do eventos
Proxecto Home é unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal a prevención, tratamento e reinserción de persoas con problemas de adiccións e condutas autodestructivas. A través de programas terapéuticos integrais e unha atención personalizada, Proxecto Home traballa para axudar a aqueles que sofren de dependencias, xa sexan relacionadas con substancias como o alcol ou as drogas, ou con comportamentos adictivos como o xogo patolóxico. O seu enfoque baséase nun modelo bio-psico-social, abordando as diferentes dimensións do individuo e promovendo o seu desenvolvemento persoal e social.
Instaláronse en Galicia en 1984, cando a drogodenpendencia atacaba ferozmente a comunidade. Nace e mantense grazas as aportacións públicas e privadas que garantes poder ofrecer un servizo gratuíto ás persoas que o precisan.
Con motivo do seu 30 aniversario organizan un programa de conferencias, unha exposición e un concerto benéfico que terán lugar en varios espazos entre o 7 de xuño e o 1 de xullo.
Programa:
7 de xuño, 19:30h – Círculo de Empresarios de Galicia – Conferencia: As bases biolóxicas das adiccións.
14 de xuño, 19:30h – Sala de Exposicións II da sede de Afundación – Inauguración da exposición Arte e solidariedade.
15 de xuño, 19:39h – Círculo de Empresarios de Galicia – Conferencia: Da perda da saúde mental á recuperación vital.
18 de xuño, 19h – Auditorio do Teatro García Barbón – Concerto solidario de Uxía, María do Ceo, Malvela e Sheila Patricia.
Máis
Hora
7 xuño, 2023 19:30(GMT+02:00)
Localización
Sede Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes