
Proxección 'Objeto de Estudio'
Detalles do eventos
Proxección de ‘Objeto de Estudio’ e coloquio con Emilio Fonseca, cineasta de Vigo e Raúl Alaejos, director da película. Objeto de
Detalles do eventos
Proxección de ‘Objeto de Estudio’ e coloquio con Emilio Fonseca, cineasta de Vigo e Raúl Alaejos, director da película.
Objeto de Estudio é unha longametraxe documental que aborda o acto obsceno de filmar poboacións nativas no pobo máis setentrional do planeta. E faino utilizando o humor e o sarcasmo, apoiándose nunha proposta visual sumamente atractiva. O resultado é un poético e extravagante viaxe cara ao pobo habitado máis ao norte do planeta.
Recibiu o premio do Xurado no Festival MajorDocs e tivo un longo percorrido por festivais nacionais e internacionais.
A película tivo a súa estrea en diferentes cinemas e cidades de España o 31 de xaneiro, pero en concreto en Galicia poderase ver o luns 17 nos NUMAX de Santiago de Compostela, o martes 18 na Filmoteca de Galicia (A coruña) e nos cinemas DUPLEX (Ferrol), e o mércores 19 nos Multicines Norte de Vigo.
Máis
Hora
19 febreiro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Localización
Multicines Norte
Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra