Proxección 'Lucrecia'
22nov19:00Proxección 'Lucrecia'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) A Morada
Detalles do eventos
Sintrahocu, sindicato de traballadoras do fogar e os coidados, presenta un documental. INTRAHOCU @sintrahocu (Sindicato de trabajadoras del hogar y los cuidados) convídanos
Detalles do eventos
Sintrahocu, sindicato de traballadoras do fogar e os coidados, presenta un documental.
INTRAHOCU @sintrahocu (Sindicato de trabajadoras del hogar y los cuidados) convídanos a lembrar e reflexionar sobre o asasinato racista de Lucrecia Pérez en 1992. Proxectaranse dous capítulos da serie “Lucrecia: un crimen de odio” para despois abrir un coloquio e compartir uns petiscos.
🎬 Esta serie documental segue a investigación do caso a través de material de arquivo inédito e testemuñas da familia e amizades de Lucrecia, entre eles a súa filla Kenia, que só tiña seis anos cando se produciu a traxedia.
Na miniserie tamén participan policías e xuíces instrutores que investigaron o caso, xornalistas que foron testemuñas directas do acontecido, así como avogados dos acusados e a fiscalía que participaron no posterior xuízo mediático.
O fiscal dixo que Lucrecia foi asasinada “por ser estranxeira, negra e pobre” e a súa morte foi considerada o primeiro crime de odio en España, un país que por primeira vez foi capaz de recoñecer o xerme da xenofobia.
“Tres décadas despois, a historia de Lucrecia é unha viaxe ás raíces do odio, un manual de como o odio se propaga na sociedade”.
Máis
Hora
22 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes