
Detalles do eventos
Arrincan as actividades da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con motivo do próximo 25 de novembro ‘Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres’, que organizan
Proxección 'Lo que no te mata'
Arrincan as actividades da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con motivo do próximo 25 de novembro ‘Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres’, que organizan conxuntamente co Consello Municipal da Muller.
Entre os meses de novembro e decembro acollerán proxeccións de filmes, presentacións de libros, coloquios, accións reivindicativas, xornadas formativas, actuacións musicais, etc Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre ata completar aforo. Ademais, o 1 e 2 de decembro celébranse unhas xornadas formativas cuxos obxectivos son:
• Fomentar a participación e implicación da poboación viguesa na promo ción dunha cultura igualitaria e na prevención da violencia de xénero.
• Habilitar un espazo e tempo de formación e reflexión persoal en relación á igualdade e a violencia de xénero.
• Visibilizar a violencia de xénero como manifestación extrema da desigualdade coa finalidade de acadar un cambio de modelo de relación social baseado na igualdade.
Para participar nestas xornadas é preciso reservar praza escribindo a: xornadas.igualdade@vigo.org
Lo que no te mata (Alexe Poukine, 2019)
Sinopse. Ada, de 19 anos, queda para cear na casa dun coñecido. Todo pasa moi rápido, ela non atina a defenderse. Nove anos máis tarde coincide coa cineasta Alexe Poukine e comparte con ela a súa experiencia. Poukine pon en boca de 12 mulleres e dous homes este texto, que ao ser dito en primeira persoa, desencadea recordos e reaccións en cada un deles. Así de veladamente presente está a violación no noso día a día.

Máis
(Mércores) 20:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra