O Salesianos acolle a estrea do documental sobre Hedy Crilla, con presenza da directora
Detalles do eventos
Esta semana é a estrea nacional da película/documental HEDY CRILLA, maestra de actores. Un documental que rende homenaxe á actriz xudía austriaca que cambiou
Detalles do eventos
Esta semana é a estrea nacional da película/documental HEDY CRILLA, maestra de actores.
Un documental que rende homenaxe á actriz xudía austriaca que cambiou a escena iberoamericana contemporánea.
Dirixida por Luciana Murujosa, explica a revolución que provocou a chegada de Crilla a Arxentina tras lograr fuxir do nazismo e o gran legado que máis tarde se estendería máis aló das fronteiras do país.
O Cinema Teatro Salesianos proxectará este domingo 19 de xaneiro ás 17:00h e 19:30h. Contarase coa presenza da súa directora LUCIANA MURUJOSA coa que teremos unha charla/coloquio sobre este documental en ambas as sesións.
Sinopse
A ameaza nazi expulsou á actriz Hedy Crilla de Europa. En 1940 chegou á Arxentina onde, sen lugar para actuar debido ao seu forte acento, ensinou por máis de 40 anos e revolucionou a forma de actuar, introducindo a súa versión do Método de Stanislavski, pasando da declamación a un actor vivo en escena. Formou unha gran cantidade de actores, directores e mestres que propagaron o seu legado, cambiando a historia do teatro iberoamericano. Con todo esta tarefa foi esquecida. Este documental proponse recuperar a súa figura e o seu fundamental traballo: mestra de actores, mestra de mestres.
HEDY CRILLA, MAESTRA DE ACTORES
Domingo 19 ás 17:00h e 19:30h
Prezo único: 5,00€
Máis
Hora
19 xaneiro, 2025 17:00 - 19:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes