Proxección documental 'Alegría'
Detalles do eventos
Ecoloxistas en Acción presenta o documental ‘Alegría’ para conmemorar o vixésimo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do petroleiro Prestige. A proxección, dirixida
Detalles do eventos
Ecoloxistas en Acción presenta o documental ‘Alegría’ para conmemorar o vixésimo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do petroleiro Prestige.
A proxección, dirixida por Luís Otero, sinala as causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra que ante a inacción do goberno foi a marea branca de solidariedade a que se enfrontou ao ‘chapapote’.
SINOPSE
Hai 20 anos, un funesto 13 de novembro de 2002, produciuse o maior desastre ecolóxico da historia de Galicia. Unha terrible noite de temporal, o petroleiro monocasco Prestige sufriu unha vía de auga cando navegaba a 28 millas (52 km) do cabo Fisterra. As autoridades españolas comezaron un rocambolesco periplo remolcando o barco ata que se partiu en dous o día 19 de novembro.
Como consecuencia diso, chegaron ás nosas costas varias decenas de miles de toneladas de fuel oil (chapapote), que logo se estenderon por toda a costa cantábrica e o sul de Francia, producindo unha das maiores mareas negras da historia. As ondas de fuel e morte bateron contra os cantís da Costa da Morte, contra as Illas Cíes e Ons, contra as enormes e solitarias praias desde A Lanzada ata Nemiña.
Venres 18 ás 21:00
Entrada de balde ata completar o aforo
Máis
Hora
18 novembro, 2022 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Séguenos nas redes