VIALIA
ARRIBADA

'PROSAS ROTAS' DE STELLA MARIS GONZÁLEZ

18out20:00'PROSAS ROTAS' DE STELLA MARIS GONZÁLEZACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O mércores 18 de outubro celebrarase, no local da Asociación Cultural Évame Oroza, a presentación do libro «Prosas Rotas», de Stella Maris González Balbuena. No acto, que comezará ás 20:00 horas, participarán ademais da autora; o prologuista Xesús Alonso Montero, e o editor Xabier Romero.

«Prosas Rotas» é un libro no que conviven poemas con prosas poéticas que nos introducen nas carencias, os pálpitos, a tristeza e a introspección da autora a través de bágoas que arrincan de escarpadas montañas, unha pregunta e sorpresiva resposta, unha ponte que suspira mentres outro voa de desexo, unha parede desafiuzada que nos tende a man, un búcaro de rosas resecas refugadas con pesar.

Stella Maris González Balbuena (Vigo, 1951), catedrática de francés, impartiu clases no Lycée Polyvalent «Henri Avril» en Lamballe (Francia) e nos institutos Alexandre Bóveda e Rosais 2 de Vigo ata a súa prexubilación. Xa conta con dous poemarios editados («Pálpito Súbito», de 2014 e «Alma Acróbata», do 2018) e dende 2020 organiza recitais presenciais en Vigo, baixo o colectivo poético «Desafiando sombras».

Máis

Hora

18 outubro, 2023 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events