CAMELIAS

Este é un evento repetitivo

PROGRAMA 3x3: VIDAS ENTERRADAS

05mar20:00PROGRAMA 3x3: VIDAS ENTERRADASESPECTÁCULOS | 9,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Este ano o programa 3×3 ten que adaptarse á situación epidemiolóxica polo que a capacidade dos espazos será súper reducida e só se fará nun único grupo, prescindindo dos camerinos para poder garantir a distancia mínima interpersoal recomendada. Presentaranse cada día 3 espectáculos diferentes cunha mesma temática. O prezo para cada día polos 3 espectáculos será de 9 €. O abono para o programa completo dos dous días terá un prezo de 15 €.

VIDAS ENTERRADAS [L’OM IMPREBÍS · MICOMICÓN TEATRO TEATRO CORSARIO · TEATRO DEL TEMPLE]

Vidas enterradas son unha serie de reportaxes da Cadena Ser coa dirección de Javier del Pino, Conchi Cejudo e Gervasio Sánchez. Neles rescátase, a través do documental, a vida e a morte de persoas asasinadas durante a Guerra Civil e o franquismo. Dos protagonistas destas historias apenas consérvanse algunhas fotografías, pero os recordos seguen vivos na súa descendencia, na súa veciñanza, nas xentes que compartiron as súas vidas. Despois de décadas, estas xentes rompen o silencia para narrar esas biografías, esas historias silenciadas na Historia.

Con ese material de partida, unha serie de compañías únense para lle propor a un grupo de autores crear unha serie de monólogos encadeados que, a partir de testemuñas documentais, nos acheguen ás vítimas, ás testemuñas ou ás persoas comprometidas no rescate desa memoria enterrada. Son un caleidoscopio de miradas diferentes que empezan a trazar un mapa emocional sobre un silencio enorme que empeza a romper.

Espectáculo composto polas seguintes pezas:

MANUEL ESPAÑA [Juan José Millás]
Dirixido por Jesús Peña
Interpretado por Pilar San José

LAS CUENTAS DE CARMENCITA [Juan Mayorga]
Dirixido por Carlos Martín
Interpretado por Mariano Anós

EL QUE GUARDA [Mafalda Bellido]
Dirixido por Santiago Sánchez
Interpretado por Carles Montoliu

A LOS PIES DEL MONCAYO [Alfonso Plou]
Dirixido por Carlos Martín
Interpretado por Rosa Lasierra

PRIMITIVO FLORIÁN [Laila Ripoll]
Dirixido por Mariano Llorente
Interpretado por Mateo Rubistein

TERTULIA [Pepe Viyuela]
Dirixido por Santiago Sánchez
Interpretado por Edu Borja

Venres 5 e sábado 6 de marzo ás 20:00

Máis

Hora

5 marzo, 2021 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events