REVISTA ABRIL

Primeiro a vida

17xul20:00Primeiro a vidaESPECTÁCULOS | 8,00€20:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida. Somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida. O corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén. Precisamos dos coidados dos outros para manternos con vida xuntos en comunidade.
Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda Primeiro a Vida ou Antes a Vida ou Elixir a Vida, tres posibles traducións do verso de Andre Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a Vida!

Dirección/Coreografía: Kirenia Martínez
Asistencia coreográfica: Branca Novoneyra
Escrita: Branca Novoneyra, Xoel Álvarez e Esther Latorre
Equipo artístico: Xoel Álvarez e Esther Latorre
Deseño gráfico: Niko Alvarellos
Vestiario: Jandro Villa
Soporte técnico e iluminación: RTA
Espazo sonoro: Bruno e LLXNTO
Vídeo: Visaki Films
Produción: Uxío Novo
Asistencia de produción: Artestudio xestión Cultural
Distribución: Kirenia Danza e Artestudio Xestión Cultural

Reservas en reservasrebullon@gmail.com

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events