Presentación 'Un mundo para Maruxa' + obradoiro
Detalles do eventos
Estefanía Padullés que ven a presentarnos o seu libro “Un mundo para Maruxa” e facer un obradoiro para os nenos e as nenas sobre a contaminación por plásticos
Detalles do eventos
Estefanía Padullés que ven a presentarnos o seu libro “Un mundo para Maruxa” e facer un obradoiro para os nenos e as nenas sobre a contaminación por plásticos no mar.A través da aventura de Iria, unha nena que atopa unha londra mariña que enfermou por mor de comer plástico, concienciará aos cativos e ás cativas da necesidade de reducir o uso de plásticos. E para elo entre outras cousas colorarán e recortarán unhas cartolinas con debuxos para montar unha roda coas alternativas para reducir a presenza dos plásticos no mar.
AFORO LIMITADO. CON RESERVA PREVIA
IMPORTANTE. Co obxecto de minimizar os riscos da Covid, os/as participantes deberán traer os seus lapis de cores e as súas tesoiras
ENTRADAS:- A entrada é de balde con reserva previa- Máximo 4 participantes por reserva (non máis de 2 adultos por reserva)- OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación uns días antes do espectáculo
RESERVAS. Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:- Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:- N.º de teléfono:- N.º adultos/as participantes:- N.º de nenos/as participantes e idades:
Máis
Hora
30 decembro, 2020 12:00(GMT-11:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes