ASNEVES
REVISTA MAIO

Presentación 'Tranvías Eléctricos de Vigo'

07feb19:30Presentación 'Tranvías Eléctricos de Vigo'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

“TRANVÍAS ELÉCTRICOS DE VIGO. A compañía que vertebrou Vigo” é un percorrido pola historia do tranvía na nosa cidade, desde os primeiros proxectos a finais do século XIX ata a actualidade, con paradas nos fitos máis importantes dos máis de 100 anos de vida da Compañía. Escrito por David Amoedo e Iria Vergara e ilustrado por Davida, o libro contén: Historia da Compañía de Tranvía Eléctrico de Vigo, Ferrocarril Vigo – A Ramallosa e Tranvía Vigo – Mondariz
Alzados con fichas técnicas de todas as construcións que pertenceron á Empresa e dos diferentes tipos de tranvías que circulaban polas rúas da nosa cidade e descrición de todas as liñas de tranvía que tivo a cidade desde a súa fundación en 1912 ata o seu peche en 1968. O libro, editado por NewtCrafts, é unha peza de artesanía plasmada a man no taller de Hiel de Buey. Con portada acuñada e poster despregable de 2m de longo.

Máis

Hora

(Martes) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events