Presentación 'Todo lo que hay detrás que no se ve'
Detalles do eventos
Na presentación acompañará ao autor a escritora e tamén influencer Rebeca Stones, onde presentarán este novo libro do Salseología (125.000 followers en IG) no que
Detalles do eventos
Na presentación acompañará ao autor a escritora e tamén influencer Rebeca Stones, onde presentarán este novo libro do Salseología (125.000 followers en IG) no que realiza unha viaxe crítica a través do interior das redes sociais. Nun mundo onde a imaxe perfecta e a vida idílica parecen marcar a norma, este ensaio en clave de humor convídanos a cuestionar todo aquilo que damos por sentado no universo dixital.
Cantas veces escoitamos aos nosos influencers favoritos falar de «todo o traballo que hai detrás» de cada publicación?. Salseología desmonta o mito da espontaneidade e revelando a complexa maquinaria que se esconde detrás de cada foto, cada vídeo e cada historia. Cun ton divertido e desenfadado, móstranos como a publicidade encuberta, as campañas millonarias e a constante competencia forman parte do día a día destes creadores de contido.
RESUMEN LIBRO:
O salseo e o pensamento crítico únense para revelar que pasa nas redes máis aló do que mostran.
- Que é exactamente «todo ese traballo que hai detrás» do que tanto falan os influencers? Non será todo. falso?
- Quizá ninguén está a preguntar tanto por esas pezas que ao final resultan ser publicidade encuberta?
- Canta verdade pode haber tras unha campaña millonaria?
-É posible a amizade auténtica -e o amor!- nun mundo de envexas, competitividade e aparencias?
Este non é un libro escrito desde o odio ou a mala baba, que quede claro! É só un intento -divertido, aínda que crítico e rigoroso- de desmitificar as redes e aos deuses que as habitan vendéndonos vidas de cor de rosa.
Este ensaio é unha invitación para reflexionar máis aló da pantalla sobre temas como o prezo da fama, a sobreexposición en redes, a perda da intimidade ou as inseguridades e os complexos, para tentar comprender este mundo desde todos os seus ángulos e acabar descubrindo que, quizá, detrás de cada personaxe hai unha persoa cos seus propios problemas, aínda que estes non se mostren porque, a verdade, ensinar un atardecer en Bali vende máis que a sinceridade.
Máis
Hora
25 outubro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes