Presentación revista 'Follas Novas'
Detalles do eventos
A Fundación Rosalía de Castro presenta mañá mércores ás 20 horas na libraría Cartabón o número 7 da revista de estudos rosalianos, ’Follas Novas’, que nesta ocasión será
Detalles do eventos
A Fundación Rosalía de Castro presenta mañá mércores ás 20 horas na libraría Cartabón o número 7 da revista de estudos rosalianos, ’Follas Novas’, que nesta ocasión será un monográfico dedicado a Manuel Murguía no centenario do seu pasamento. Será nun acto que contará coa intervención do director da revista, Xosé Luís Axeitos; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; e o profesor Manuel Forcadela, autor do artigo “Manuel Murguía: raza, celtismo e hexemonía” no que afirma que o celtismo galego de finais do século XIX e principios do XX, cuxo líder é Murguía, “forma parte dun proxecto contrahexemónico que tenta derrubar a hexemonía cultural do Imperio Español e o seu supremacismo antigalego”.
Neste sétimo número de ‘Follas Novas’, que patrocina o Concello de Arteixo -onde naceu o intelectual galeguista-, atopamos artigos e investigacións de diversos expertos na vida e obra de Murguía. É o caso de Xosé Estévez, Manuel Forcadela, Xosé A. Fraga, Narciso de Gabriel, Aurora López e Andrés Pociña, José Luís do Pico e Francisco Rodríguez, entre outros.
A temática vai desde a súa ascendencia vasca, o seu celtismo, a súa relación co naturalista Vítor López Seoane, o seu pensamento sobre o medioevo, unha publicación escolar que realizou (‘La primera luz’), ou o apéndice musical da súa ‘Historia de Galicia’, entre outros.
Máis
Hora
3 maio, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes