Presentación proxecto 'A VILA DO MAÑÁ'
Detalles do eventos
O sábado 14 de decembro ás 19.00, o salón de actos acolle, da man da a AAM Agrupación Amiga do MARCO, a presentación dun innovador e singular proxecto: “A
Detalles do eventos
O sábado 14 de decembro ás 19.00, o salón de actos acolle, da man da a AAM Agrupación Amiga do MARCO, a presentación dun innovador e singular proxecto: “A VILA DO MAÑÁ“, pola arquitecta e docente Sandra González Álvarez, recentemente premiada (xunto a Fernando Agrasar Quiroga, Luz Paz Agras e Ana María Álvarez Paz) no apartado de Pedagoxía na XIII Edición da BIAU (Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo).
No contexto deste proxecto, estudantes da ETSA (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) uníronse ao alumnado de Secundaria do IES Alexandre Bóveda, no barrio vigués de Coia, para poñer en marcha un proxecto de acción, educación e divulgación onde o obxectivo era que tomasen conciencia, dende a infancia e a adolescencia, do valor da súa contorna e do seu patrimonio. A través do estudo e do contacto directo, o alumnado do IES Alexandre Bóveda foi “descobrindo” o seu ámbito máis próximo, para valoralo e sentirse parte activa do seu futuro, tomando o barrio como punto de partida.
Máis
Hora
14 decembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes