REVISTA ABRIL

Presentación 'Non deixarei de buscarte. A historia de Quin'

17dec19:00Presentación 'Non deixarei de buscarte. A historia de Quin'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

O 17 de decembro celebrarase na primeira planta do Centro Comercial Travesía de Vigo, a presentación do libro ‘Non deixarei de buscarte. A historia de Quin’, de Esther Rey, Alicia Tojeiro, e Antonio Fernández.

O libro narra a historia da procura e rescate dun can adoptado e que se perdeu durante as súas primeiras vacacións en familia. A súa historia se viralizó en redes sociais e acabou converténdose nun libro solidario co que se recadaron fondos para a creación dunha canceira municipal. Agora, a Editorial Galaxia, presenta unha nova edición do libro en lingua galega.

Na presentación estarán os protagonistas da historia, Antonio Fernández, Esther Rey e o seu can Quin, así como Alicia Tojeiro Ríos, coescritora do libro e galardoa en 2020 co Premio Educa á mellor profesora de España.

A presentación será con aforo libre, sen confirmación previa e servirá de encontro para os seguidores de Quin e para todas as persoas que queiran facerse co libro asinado polos seus protagonistas.

Sábado 17 ás 19:00

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+01:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events