
Detalles do eventos
Un título clave dentro da historia do cómic volve ter unha nova vida en forma de edición especial de 30 aniversario. Falamos de ‘Trazo de Tiza’, a obra
Detalles do eventos
Un título clave dentro da historia do cómic volve ter unha nova vida en forma de edición especial de 30 aniversario. Falamos de ‘Trazo de Tiza’, a obra que levou a Miguelanxo Prado ao altar dos grandes mestres. Para celebrar este 30 aniversario, Miguelanxo Prado estará en Banda Deseñada o sábado día 25 a partir das 11:30h para falar un pouco sobre esta nova edición e a continuación dedicar a obra a todos aqueles que aínda non a teñan entre as súas posesións. Un erro comiquero que poderedes liquidar o sábado 25 engadindo o plus de levarvos dedicada unha obra mestra.
Encargos: Se non te podes pasar, Miguelanxo aceptará encargos de cómics asinados sen debuxo. Entre todos os encargos recibidos realizarase un sorteo e 5 deles tamén levarán un bonito debuxo.
Sábado día 25 a partir das 11:30h en Banda Deseñada.
Prazas limitadas. Fai a túa reserva contactando co local no teléfono 986 12 95 71
Máis
Hora
25 febreiro, 2023 11:30(GMT+01:00)
Localización
Banda Deseñada
Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
abril, 2025