REVISTA ABRIL

Presentación 'Jacinto'

07out20:00Presentación 'Jacinto'ACTIVIDADES PARA O COCO | 5,00€20:00(GMT+02:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

O venres 7 de outubro, Multicines Norte acollerá a presentación da película ‘Jacinto’, de Javi Camino. O acto consistirá na proxección do filme e posteriormente unha charla e coloquio, no que contarán coa presenza do director e co actor Juanma Buiturón.

SINOPSE
Jacinto é un neno de nove anos encerrado no corpo dun home de preto de cincuenta. Vive cos seus vellos pais en Mallou, un pobo en ruínas no medio das montañas de Lugo. Son o tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dous escuras artistas black metaleras chegadas desde Suecia na procura dun lugar tranquilo onde grabar o novo disco da súa banda ‘Tardigrades’. Os mundos de ambas familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en darse os primeiros roces e problemas. Jacinto ten moi claro que Mallou é demasiado pequeno para os cinco. Igual que nas películas, ten que elaborar un plan para facer desaparecer ás recén chegadas e traer a paz á súa familia.

Venres 7 ás 20:00

Entradas á venda en www.multicinesnorte.eu

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events