Presentación 'Fremosas'
14nov19:30Presentación 'Fremosas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Biblioteca EMAO
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico prácese en presentar en Vigo o libro-disco Fremosas, de Barahúnda. No acto contaremos coa presenza de Helena de Alfonso e Jose Lara
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico prácese en presentar en Vigo o libro-disco Fremosas, de Barahúnda. No acto contaremos coa presenza de Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro (Barahúnda) que, ademais de presentar a súa obra interpretarán algunhas das cacións do disco.
Será o xoves 14 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.
“Fremosas” é o novo traballo de Barahúnda. Sendo o quinto da nosa carreira, e o primeiro ao que non podemos chamar «disco» xa que este non existe fisicamente como tal, senón como un artefacto musical, literario e divulgativo.
Fremosas é algo máis que un libro que contén un disco. É o resultado de miles de horas de traballo, dúbidas e incertezas motivadas por unha pandemia que o condicionou todo e que se plasman finalmente nun libro (publicado por Editorial Toxosoutos) que á súa vez contén unha colección de 12 cantigas galego-portuguesas musicadas por nós e accesibles a través de senllos códigos Qr.
Pero é sobre todo o froito do amor á música, á poesía, á Historia e ás historias: as nosas, as de calquera de nós, pasadas ou coetáneas que tanto se parecen. A nosa intención foi, desde o principio, a divulgación. Dar a coñecer este tesouro que é a tradición cultural dos pobos. Desde a máis popular ata a dunha cantiga de amigo do século XIII, recollida nunha biblioteca e é, tamén, unha reflexión sobre a pegada feminina na lírica medieval.
O noso desexo é o de que un público non especializado descubra o seu legado -no caso que nos ocupa fermosos versos de setecentos ou oitocentos anos de antigüidade que un día foron cancións- aínda non sendo asiduos dos grandes auditorios ou dos ciclos de concertos de música antiga (algo que, doutra banda, recomendamos sinceramente). Repito: O seu legado, o de todas nós. A herdanza cultural que nos corresponde en canto humanos.
Máis
Hora
14 novembro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Séguenos nas redes