
Detalles do eventos
Eu son Exeria: lectura feminista dunha viaxe no século IV (Galaxia, 2022) con Marisa Vidal e Sole Pite. Ao fascinante que ten que alguén emprenda
Presentación 'Eu son Exeria: lectura feminista dunha viaxe no século IV'
Eu son Exeria: lectura feminista dunha viaxe no século IV (Galaxia, 2022) con Marisa Vidal e Sole Pite.
Ao fascinante que ten que alguén emprenda unha viaxe a Terra Santa no século IV, engádenselle, en Eu son Exeria, as calidades dunha muller da Gallaecia, afoutada, intelixente e prudente, que se move guiada polo seu desexo. Consciente dos límites impostos, recolle para as súas compañeiras todo o que vai descubrindo, para amosarnos a realidade eclesiástica dun tempo e poñer en evidencia os fondos dunha Igrexa con grandes limitacións para as mulleres, presentes aínda nos nosos días. Como arqueólogas da memoria, Marisa Vidal e Sole Pite axúdannos a recompoñer un dos referentes femininos da nosa historia, á vez que nos achegan unha lectura feminista dunha viaxe no século IV.
O martes,18 de abril ás 19:00 horas na biblioteca Juan Compañel.
Máis

(Martes) 19:00
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra