Presentación 'El tiempo es oro'
Detalles do eventos
Presentación do último libro de Xosé Carlos Arias. Trátase de El tiempo es oro. Economía política del nanosegundo. Será na biblioteca da EMAO ás 19.30 e,
Detalles do eventos
Presentación do último libro de Xosé Carlos Arias. Trátase de El tiempo es oro. Economía política del nanosegundo. Será na biblioteca da EMAO ás 19.30 e, xunto co autor, estarán Domingo Docampo, Amada Traba e Alberto Gago.
“Aínda que o aumento da velocidade foi sinal de identidade do capitalismo dende as súas orixes, foi nas últimas décadas cando acadou a súa máxima expresión. Pero non todo avanza e se transforma ao mesmo ritmo: vivimos nunha época de profunda desincronización, na que a economía -e sobre todo as finanzas, para as que falar dun nanosegundo xa non é unha esaxeración- evolucionan a ritmos moito máis intensos que outros ámbitos, como a política democrática (que tamén se acelera cada vez máis, pero sempre se queda atrás). Todo iso trae consigo consecuencias de primeira orde, moitas delas moi conflitivas. Este ensaio examina a presenza de personaxes como o curto prazo, a incerteza e o crecente malestar nun escenario no que todo avanza demasiado rápido”. (Da ficha do libro en TransForma Editores)
Máis
Hora
14 xaneiro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes