VIALIA
CAMELIAS NADAL

Presentación 'El chico de la última parada'

12dec18:30Presentación 'El chico de la última parada'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Andrea López presenta o seu libro ‘El chico de la última parada’ mañá xoves 12 de decembro ás 18.30 horas na librería do Corte Inglés.

‘El chico de la última parada’
Connor e Julia son extremos opostos, pezas dun quebracabezas imposibles de encaixar. Julia pensa que Connor é unha fonte de problemas. Para ela, sempre será un macarra, o compañeiro de instituto co que non intercambiou unha soa palabra, un delincuente xuvenil no que non se pode nin se debe confiar. Para Connor, ela só é unha elegante detestable e egocéntrica que se cre por encima do ben e do mal, demasiado afeita saírse coa súa sen importarlle as consecuencias que os seus actos provoquen nos demais. Ambos cren ter motivos máis que suficientes para non soportarse…
Son dous camiños paralelos que non deberían cruzarse nunca máis. Polo menos, ata que, dez anos despois, por unha jugarreta do destino, volven atoparse. Para eles nada cambiou, pero todo é distinto en realidade; porque agora os dous queren e necesitan descubrir a verdade.

ANDREA LÓPEZ (Vigo, 1984)
A súa primeira novela publicada saíu baixo o selo editorial Edicións Atlantis co nome de ‘No sin ti’. Despois, decidiuse pola publicación independente, e desta forma chegaron: ‘Lo encontré en tus ojos’, ‘Tú’, ‘hielo…Yo fuego’ (A cal se posicionou durante máis dun mes como número uno en Amazon) ‘Pintaré estrellas por ti’, ‘Recordaré olvidarte, ‘¿Quieres soñar conmigo?’,’ ¡Ni en tus sueños!’, ‘Un sueño muy peligroso’, ‘Un sueño para Mica’ e ‘Un secreto en las Highlands’.
Todas elas son novelas de carácter romántico, pero sempre mesturado con diferentes subgéneros como o suspense ou o drama.

Máis

Hora

12 decembro, 2024 18:30(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events