
Detalles do eventos
Clínica del Exceso de Domenico Cosenza contarán coa presenza do autor e animará aconversación Chus Gómez. O día 8 de maio ás 19.00 horas na Casa do
Detalles do eventos
Clínica del Exceso de Domenico Cosenza contarán coa presenza do autor e animará a
conversación Chus Gómez. O día 8 de maio ás 19.00 horas na Casa do Libro. Entrada libre ata completar aforo.
Domenico Cosenza é un destacado psicanalista italiano, que reside e traballa en Milán; membro da Scuola Lacaniana dei Psicoanálisi e da Asociación Mundial de Psicanálise. Licenciado en Filosofía e en Psicoloxía clínica e comunitaria e Doutor en Psicanálise pola Universidade de Paris VIII. Actualmente é presidente da Eurofederación de Psicanálise (EFP), e de Kliné, sede de Milán, da Federazione Italiana de Disturbi Alimentari (FIDA); profesor asociado en Psicopatología do desenvolvemento na Universidade de Pavía (Italia). Ademais, é docente do Instituto do Campo Freudiano en Milán e director científico da comunidade terapéutica La Vela de Moncrivello, especializada no tratamento de anorexia e bulimia graves.
A súa obra céntrase sobre todo na investigación e tratamento dos trastornos alimentarios desde unha perspectiva psicoanalítica lacaniana. O seu último libro publicado pola editorial Xoroi Clinica do exceso aborda os denominados
síntomas contemporáneos que Cosenza nomea baixo o sintagma: patoloxías do exceso, que inclúen: as toxicomanías, os diferentes trastornos alimentarios (anorexia, bulimia, atracóns…) e outras adiccións, onde é o obxecto, e non a substancia, o que está en xogo (ex. dispositivos tecnolóxicos) situando en todas elas o exceso como fío condutor. Estas novas formas do síntoma descritas , ás que se engaden o fenómeno do cutting, o suicidio e a violencia teñen unha ampla difusión nos países do capitalismo avanzado, estendéndose de forma epidémica entre os jovenes desde a puberdade e constitúen a
psicopatología actual do adolescente e do adulto novo contemporáneo. No seu libro o autor rastrexa como estes síntomas constitúen a expresión dunha nova orde discursivo, onde o imaxinario e o real, priman sobre o simbólico, incidindo na
presentación da clínica e en relación directa co discurso capitalista, no que o lema: “todo é posible”, deixa estes restos sintomáticos como un dos modos de presentación do sufrimento do suxeito actual, un tanto desorientado e perdido.
Máis
Hora
8 maio, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Casa del Libro
Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual