Presentación 'Baixo o ceo de xeo'
Detalles do eventos
mércores 27 de novembro, celebrarase, ás 19.00 h, na libraría de El Corte Inglés de Vigo, a presentación de Baixo o ceo de xeo, Premio Illa Nova
Detalles do eventos
mércores 27 de novembro, celebrarase, ás 19.00 h, na libraría de El Corte Inglés de Vigo, a presentación de Baixo o ceo de xeo, Premio Illa Nova de Narrativa 2024, de Adrián Pérez Bote, na que o autor estará acompañado por Malores Villanueva, coordinadora do premio.
Pérez Bote compartirá con todos os asistentes o proceso creativo desta fascinante novela que nos transporta a un universo de intriga e emocións intensas.
Baixo o ceo de xeo pon sobre a mesa algunhas preguntas:
Cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo?
A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, persiste rodeada de escuridade sen fin. Agora, un mal antigo e poderoso toma forma demasiado preto, e Minë, explorador, persegue o xeito de protexer o seu fogar. Para iso vai precisar astucia, valor e unha vontade irredutíbel.
Roi goza dunha existencia apracíbel en Nova Nara, un hábitat artificial que orbita unha estrela afastada do Sol. Obsesionado coa literatura fantástica do século XX, coñece unha muller que vai remexer os alicerces da súa vida.
Un libro que fala de conviccións, coraxe e sacrificio.
Adrián Pérez Bote (Vigo, 1992) é matemático, especializado en estatística e intelixencia artificial. Desde rapaz é lector de ficción científica e fantasía, ao tempo que un apaixonado da ciencia e a tecnoloxía. Estes intereses influencian con forza a súa incipiente obra literaria.
En 2024 foi premiado no certame XVII Terras do Chamoso co relato “A defensa d’O Val” e, neste mesmo ano, gañou o Premio Literario Illa Nova de Narrativa con Baixo o ceo de xeo, a súa primeira novela.
Máis
Hora
27 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes