REVISTA NOVEMBRO

Presentación 'A cantiga da burata'

05nov19:30Presentación 'A cantiga da burata'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

O martes 5 de novembro, ás 19.30, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o último libro de Miguel Anxo Murado que leva por título A cantiga da Burata. No acto, que terá lugar na biblioteca da EMAO, o autor conversará con Xabier Paz e Xesús Alonso Montero; a presentación correrá a cargo de Laura Caveiro.

A cantiga da Burata

Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida, senón de reparar no xogo proposto, irónico, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo, un quefacer gozoso.
[…] Texto dobremente lugués, cun Lugo protagonista máis do que paisaxe, que acolle o pasado glorioso de muralla e cantigas medievais, e a contemporaneidade académica, xornalística e política. Lugués tamén pola converxencia coa escrita do grande Ánxel Fole non no neorruralismo, senon no vigoroso estilo persuasivo e o afán común de resgatar un galego enxebre e literario ao tempo, aquí de rexistro culto, con achega da dimensión científica
“.
(Texto escrito por Xabier Paz para a ficha do libro en Medulia Editorial; lembramos que Xabier Paz participará no acto de presentación do libro).

Miguel Anxo Murado García

Miguel Anxo Murado García (Lugo, 1945), é un científico e biólogo galego.
Fixo o doutoramente en Ciencias Biolóxicas na Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a degradación de insecticidas no chan.
Traballou como profesor do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, e como profesor de investigación do CSIC en Madrid.
En 1978 instálase en Vigo para traballar no, daquela, Instituto de Investigaciones Pesqueras, laboratorio costeiro dependente do Barcelona; en 1978, o Instituto independízase e adopta o mesmo nome oficial; Murado foi o seu director entre 1983 e 1987; durante o seu mandado, en 1986, a institución muda o seu nome polo actual de Instituto de Investigacións Mariñas. Posteriormente, entre 1990 e 1994, exerceu como vicedirector.
É membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas e os seus artigos adoitan ser citados en Science Citation Index (SCI).
Entre a súa produción científica destaca o libro A contaminación en Galicia (Akal, 1975), ou a participación en obras colectivas como Ecología y política en España, 1978 e Contaminación del medio por plaguicidas organoclorados. 1977.
A cantiga da Burata é súa primeira incursión no mundo da narrativa.

Máis