REVISTA ABRIL

Prendendo Butacas: 'Fíos' de Baobab Teatro

30dec(dec 30)10:0031(dec 31)10:00Prendendo Butacas: 'Fíos' de Baobab TeatroPEQUERRECHOS | De balde10:00 - 10:00 (31)(GMT-11:00)

Detalles do eventos

Gozar da maxia do teatro sen moverse de casa. Esa é a proposta que a Deputación de Pontevedra ofrece durante estas festas do Nadal coas funcións virtuais do programa Prendendo Butacas na Casa, que arrancan este xoves, día de Noiteboa, e se prolongarán ata o domingo 3 de xaneiro. Son oito as representacións previstas a cargo doutras tantas compañías, fundamentalmente da provincia pontevedresa, que se retransmitirán vía streaming na web da institución provincial desde as 10 da mañá de cada xornada e durante as 24 horas seguintes.

O mércores 30 de decembro estará Fíos, a cargo de Baobab Teatro, unha obra dirixida para todos os públicos, recomendada a partir dos catro anos, na que se suceden diferentes historias ao redor dun obradoiro de costura. A modista que a protagoniza recibe visitas esperadas e outras inesperadas que lle piden axuda. Coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

Máis

Hora

30 (Mércores) 10:00 - 31 (Xoves) 10:00(GMT-11:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!