REVISTA ABRIL

Pre- entreno VigBAy

05feb09:30Pre- entreno VigBAyACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde09:30(GMT+01:00) Praia de Samil

Detalles do eventos

Como cada ano o club deportivo CAR Marisqueiro realiza un pre-entreno antes da VigBAy para todos aqueles socios e no socios que queran probar o seu rendemento e pasar un bo rato.

A intención é rememorar a orixe do club (xurdiu dun adestramento para a VigBAy) e achegar á xente máis a este deporte, pasandolo ben entre amigos e dar razóns á orixe do nome: CARMA (Xerando bo carma).

Este adestramento está aberto a CORREDORES QUE NON ESTÁN NO CLUBE para poder porse a proba ou saber a súa condición física, semanas previas a competición
O tratarse dun adestramento, cada corredor/a participa baixo a súa responsabilidade, o C.A.R. Marisqueiro non asume ningunha responsabilidade de seguro a nivel organizativo.

O domingo 5 de marzo ás 9:30 no Parking do Verbum en Samil. Faránse grupos por ritmos: 1 hora 30‘ // 1 hora 45′ // 2 horas. E necesario confirmar asistencia antes do XOVES 2 DE MARZO a través de RRSS a @carmarisqueiro ou a @cris7powers.

Máis

Hora

(Domingo) 09:30(GMT+01:00)