PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

'Por Xela: Espectáculo multidisciplinar'

13mai19:30'Por Xela: Espectáculo multidisciplinar'ESPECTÁCULOS | De baldeO espectáculo de Vigo para o día 13 de maio posponse, proximamente comunicarase unha nova data. O evento en Pontevedra do 14 de maio mantense e poderá seguirse de maneira virtual.19:30(GMT+02:00)

Detalles do eventos

No marco da programación polo Día das Letras Galegas, a Deputación de Pontevedra estrea o espectáculo ‘Por Xela’, no que todo xira arredor da súa obra mesturando tres disciplinas artísticas e tres formatos: música, poesía e fotografía, como facía a propia homenaxeada deste ano.

A parte de poesía está comisionada por Tamara Andrés, tradutora e poeta especializada en Xela Arias. No espectáculo participarán dez poetas contemporáneas galegas; estarán en vivo catro delas de cada vez.

A parte musical corre a cargo de A Banda da Loba, formación galega composta por mulleres que está a revolucionar a escena galega coa mestura de música e literatura. Musicarán poemas de Xela Arias desde formatos máis tenros ata o punk rock, pasando polo country ou o bolero.

fotografía serviranos para achegarnos á figura de Xela Arias a partir das imaxes de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada e Premio da Crítica Galega con máis de corenta anos de traxectoria. Será un show dinámico, atractivo e 100 % feminino para homenaxear unha poeta singular.

O espectáculo será o xoves 13 de maio ás 19:30 na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo e o venres 14 en Pontevedra.

É preciso solicitar o convite a través do formulario dispoñible neste enlace. Podes seguir o espectáculo tamén en streaming

Máis

Hora

13 maio, 2021 19:30(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!