"Por nuevas travesías juntos"
Detalles do eventos
Con motivo do Día Mundial dos Avós, 26 de xullo, o centro comercial Travesía inaugura a nova exposición fotográfica protagonizada por avós e netos. O acto terá lugar
Detalles do eventos
Con motivo do Día Mundial dos Avós, 26 de xullo, o centro comercial Travesía inaugura a nova exposición fotográfica protagonizada por avós e netos. O acto terá lugar ás 18 horas no acceso peonil do aparcadoiro -1, no espazo Travesía Galería.
A mostra está composta por 14 imaxes inéditas realizadas en exclusiva polo vigués, Marcos Canosa, e recolle escenas cotiás de avós e netos en enclaves simbólicos e representativos da cidade de Vigo, como por exemplo O Castro, o Náutico, A Guía, Bouzas ou o Berbés, ademáis de no propio recinto comercial.
Os protagonistas das imaxes son participantes do casting que Travesía realizou o pasado 3 de xullo, ademais de clientes do centro comercial.
Desde o luns 26 de xullo e ao longo do mes de agosto, todo aquel que o desexe poderá visitar a exposición que se atopa situada en Travesía Galería, no acceso peonil do o aparcadoiro -1, no horario de apertura comercial. Ademais, a exposición pode visitarse en liña desde a web www.cctravesia.com
HORARIO:
Luns 09:00–22:00
Martes 09:00–22:00
Mércores 09:00–22:00
Xoves 09:00–22:00
Venres 09:00–22:00
Sábado 09:00–22:00
Domingo 09:00–22:00
Máis
Hora
26 xullo, 2021 18:00 - 31 agosto, 2021 22:00(GMT+01:00)
Localización
CC Travesía de Vigo
Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra