Pontiaks + Novio Cadáver
23set18:0022:00Pontiaks + Novio CadáverCONCERTOS| 12.00 €18:00 - 22:00 Fundación Sales
Detalles do eventos
O xoves 23 de setembro actuarán na Fundación Sales Pontiaks e Novio Cadáver. Los Pontiaks é un trío vigués composto por André- Loud Rider, Mr.
Detalles do eventos
O xoves 23 de setembro actuarán na Fundación Sales Pontiaks e Novio Cadáver.
Los Pontiaks é un trío vigués composto por André- Loud Rider, Mr. Cobra e Billy King, un dos grandes personaxes da escena galega, membro de formacións como Os Cafres ou The Killer Barbies.
A súa música carcaterízase por un son rápido, enerxético e contundente, parecida ao estilo hot rod. O grupo de rock ‘n’ roll conta con numerosas influencias, desde os grandes como Chuck Berry, Dick Dálle, Link Wray, Johnny Burnette ou tantos clásicos dos 50, ata bandas máis contemporáneas como Stray Cats, The Cramps, Stray Jackets ou os Ramones.
Los Pontiaks contan cunha sorprendente e coidada posta en escena, aparecendo con máscaras cadavéricas, cascos prusianos da primeira guerra mundial e impecables smokings ou monos de traballo. Unha imaxe difícil de olvidar.
O prezo das entradas inclúe unha consumición (auga, cervexa ou refresco).
Máis

Hora
(Xoves) 18:00 - 22:00
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes