Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Detalles do eventos
Un percorrido pola pintura galega. A Pinacoteca de Vigo é un espazo de arte imprescindible na cidade. Os fondos pictóricos da colección de arte municipal exhíbense desde 2011
Detalles do eventos
Un percorrido pola pintura galega.
A Pinacoteca de Vigo é un espazo de arte imprescindible na cidade. Os fondos pictóricos da colección de arte municipal exhíbense desde 2011 nesta Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego, situado no antigo pazo Arias Taboada.
A colección ocupa 3 plantas e articulouse en torno á exposición de pintura galega O fermoso rostro do País, con obras desde a primeira metade do XIX a finais do século XX.
Ademais, o museo ten 2 salas temáticas, unha dedicada á pintura europea antiga e outra centrada no pintor galego Manuel Colmeiro.Pistas e recomendacións:
A Pinacoteca de Vigo ocupa un fermosísimo inmoble na parte alta do barrio histórico, así que a súa visita é un plan excelente se decidiches pasar o día ruando polo centro da cidade.
Tes ademais moi preto a rúa peonil de Príncipe, a zona comercial máis concorrida de Vigo, e a milla de ouro cultural.
Dirección: C/ Abeleira Menéndez, 8
Teléfono: 986 295 070
Horarios:
De martes a venres: 18:00 a 21:00h
Sábados: 12:00 a 14:00h e 18:00 a 21:00h
Domingos e festivos: de 12:00 a 14:00h
A entrada é gratuita ata completar o aforo.
Máis
Hora
1 xaneiro, 2021 00:00 - 31 decembro, 2025 23:50(GMT+01:00)
Localización
Pinacoteca FFR
Rúa Abeleira Menéndez, 8, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes