
14mai13:30Picnic SesiónsFESTIVAIS E FEIRAS | De balde13:30 Baixada á Praia, Saians
Detalles do eventos
Picnic Sesións, unha cita mensual e de balde organizada pola Asociación Cultural Liderais e Radio Costeira Saiáns, celebra unha nova xornada este domingo 14 de maio. Natureza, Cultura e
Picnic Sesións
Picnic Sesións, unha cita mensual e de balde organizada pola Asociación Cultural Liderais e Radio Costeira Saiáns, celebra unha nova xornada este domingo 14 de maio. Natureza, Cultura e Comunidade, son os tres piares que sosteñen este proxecto.
Programación:
13:30 e 15:30h – CESTERÍA CREATIVA – Obradoiro impartido por Cacabelos que explicará paso a paso como facer un peixiño con vimbios. A inscrición custa 5 € e a idade mínima para participar 6 anos.
14h – ÉPOJE TATUM – Époje Tatum é a cara oculta e máis íntima do cantante de Dreams of Dolly Sheep, armado coa guitarra acústica e pedais de loop.
16h – JAVIER TURNES AND THE HAKEMEN – Unha banda inspirada no blues e o soul afroamericano.
16h – XOGANDO MIUDIÑO – Espazo de xogo libre con brinquedos populares para todas as idades: zancos, aros, a ferradura, tiracoios, construcións…
18h – CLASE ABERTA DE LINDY HOP con Swing On + DJ Swing On
Máis

(Domingo) 13:30
Baixada á Praia, Saians
Baixada á Praia, 83