Performance '2ª Man' de Antón Reixa
14dec20:00Performance '2ª Man' de Antón ReixaESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+01:00) RioLagares
Detalles do eventos
Antón Reixa leva case cincuenta anos explorando polas físgoas que achegan a poesía á performance e 2ª man, o libro que agora publica Chan da Pólvora representa talvez
Detalles do eventos
Antón Reixa leva case cincuenta anos explorando polas físgoas que achegan a poesía á performance e 2ª man, o libro que agora publica Chan da Pólvora representa talvez a mostra máis nítida da súa xa longa peripecia de aproximación. Reixa presentará 2ª man o vindeiro día 14 de decembro, xoves, a partir das 20 horas, no espazo RioLagares de Vigo, rúa da Falperra, 16.
Reixa estará acompañado polo seu editor Antón Lopo e polo tamén escritor Xavier Queipo , que lle fará unha entrevista. A presentación céntrase arredor dunha performance do propio autor, titulada Acción Anakoluto.
2º man xorde da mirada asombrada do poeta sobre a paisaxe urbana e informativa. . Nese sentido, foi iniciático o poema Non odias os luns, odias o capitalismo, que serviu de manifesto para a edición 2022 do festival Alguén que respira!, e ao mesmo tempo a visión dun home vestido de azul que durante meses, e á mesma hora, pasaba todos os días diante da súa casa con paso apurado e uns auriculares. A mais do enigma que suscitaba esta recorrencia, a acción transmitiulle a disciplina de escribir algo sobre el durante varios días seguidos. O libro inclúe imaxes da performance Acción Anakoluto, onde Reixa aparecía maquillado de negro e imitaba a mímica dos tradutores en lingua de signos. Baséase nun feito real que chegou ao autor na marea de paisaxe informativa: durante os funerais de Nelson Mandela, retransmitidos internacionalmente, camuflouse un psicótico que se fixo pasar por tradutor para xordos profesional e acabou traducindo disparates inconexos.
2ª man, trátase do segundo título do autor no catálogo da editora, despois de que no ano 2020 aparecese Outlet, un dos libros clave na traxectoria recente dunha figura que, como poucas, definen a poesía galega desde os anos oitenta.
Máis
Hora
14 decembro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
RioLagares
67PC+2F Vigo
Hoxe móvese
Séguenos nas redes