REVISTA ABRIL

Percorrido medioambiental polos humidais do Lagares e A Bouza

05feb09:3013:00Percorrido medioambiental polos humidais do Lagares e A BouzaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde09:30 - 13:00(GMT+01:00) Parque A Bouza

Detalles do eventos

Concellería de Medio Ambiente de Vigo, como todos os anos, adhirese á campaña da Convención de Ramsar da Unesco a prol das zonas húmidas de todo o planeta, que neste ano ten o lema “Pola restauración dos humidais”, Nesta edición está previsto realizar unha ampla programación a carón do Humidal da Bouza.

Por unha banda o propio Día Mundial dos Humidais, 2 de febreiro, terá lugar unha acción divulgativa con centros educativos da contorna do humidal da Bouza, na que se dará a coñecer este ecosistema ao alumnado participante e realizaranse actividades interpretativas.

Por outra banda, o domingo 5 de febreiro realizaranse actividades para a cidadanía en xeral e que se resume nun percorrido polos humidais do Río Lagares e A Bouza, así como unha programación de actividades para as familias

A inscrición terá lugar no 010 (986810260 dende móbil) ata o venres 3 de febreiro.

Punto de encontro: Entrada ao Parque da Bouza por Rúa Padre Seixas

Darase a coñecer que no termo municipal de Vigo cóntase cunha extensión de humedais que alcanza 314.000 m2, destacando en augas doces A Bouza, Goberna, Muíños, O Bao, Fontes-Pertegueiras e Barreiro, e en augas salobres a Xunqueira do Lagares.

Na presente edición, abordaránse os humidais que se están rexenerando, en particular, o humidal da Bouza. Verase como, neste caso, combínase un espazo lúdico para a cidadanía viguesa, cun espazo que alberga a reserva dunha variada flora e fauna. Poranse de manifesto os problemas derivados de plantas invasoras (p.e: tradescantia) que están a facer estragos no citado humidal. Tamén se abordará como un humidal ten vida propia e vai alterando o seu curso por causas naturais e pola intervención humana.

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse no 010 (986810260 dende móbil) ata o 3 de febreiro.

O punto de encontro para coller o autobús ata a Xunqueira do Lagares será na Rúa Padre Seixas, diante do humidal da Bouza. 

Dende a Xunqueira do Lagares realizarase un percorrido interpretado deténdose tamén nos humidais de Muiños e de Goberna, para rematar no humidal da Bouza.

Actividades para a familia no Humidal da Bouza.

As familias que queiran participar nunha visita guiada ao Humidal da Bouza así como en diversos xogos medioambientais pensados nos máis pequenos da familia poden facelo dende as 11:00. 

Esta previsto, entre outras propostas, un rastrexo medioambiental, unha zonza expositiva e interactiva, xogos con contido medioambiental e algunha sorpresa máis.

Para participar nesta actividade é preciso inscribirse no 010 (986810260 dende móbil) ata o 3 de febreiro.

Máis

Hora

(Domingo) 09:30 - 13:00(GMT+01:00)

Localización

Parque A Bouza

Rúa de Nigrán, 9, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events