Percorrido con Rosalía: O Vigo do Cantares
Detalles do eventos
Día: 19 de febreiro de 2022Lugar e hora de saída: Oliveira do Paseo de Afonso XII ás 11 horas (leven calzado cómodo) Para se inscribir debe chamar
Detalles do eventos
Día: 19 de febreiro de 2022
Lugar e hora de saída: Oliveira do Paseo de Afonso XII ás 11 horas (leven calzado cómodo)
Para se inscribir debe chamar ao 010 ou 986 81 02 60
Paseo guiado por Xurxo Martínez González.
Vigo da man de Rosalía de Castro pola Zona Vella de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista. Valorar o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura. Descubrir os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de Cantares gallegos; saber que na rúa Real Juan Compañel mantiña a imprenta do Rexurdimento…
Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.
PUNTOS DE INTERESE:
OLIVEIRA
PRAZA DO PEÑASCO: falaremos sobre a importancia do movemento industrial; o desenvolvemento da burguesía, os cambios arquitectónicos que se ían producindo daquela…
RÚA CHAO: darase a coñecer a relación da familia Chao con Vigo e con Rosalía de Castro. A importancia dos irmáns Chao, sobre maneira de Alejandro Chao…
RÚA REAL: faremos dúas paradas; unha diante do que foi a sede da provincia de Vigo. O que nos levará a falar sobre o significado que tivo sermos provincia e a súa relación coa chegada a Vigo da imprenta. E xa daquela, da relevancia cultural do Vigo do momento.
A seguinte será diante da imprenta de Compañel, onde falaremos da Rosalía dos Cantares.
RÚA OLIVA: fronte onde estaba a imprenta de Faro de Vigo, local de Ángel Lema.
BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL, sede do antigo Casino de Vigo. A importancia do seu presidente, mecenas de Rosalía de Castro, por ter posto os cartos para que houbese a imprenta de Compañel en Vigo. Relevancia do Casino.
PRAZA DA CONSTITUCIÓN, onde estaba a botica de José María Chao. Sobre o movemento cultural, social e político que se producía na rebotica
Máis
Hora
19 febreiro, 2022 11:00(GMT+01:00)
Localización
Mirador Paseo Alfonso XII
Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes