GFFF
GFFF

Pequefreak

21set10:3019:30PequefreakPEQUERRECHOS | Desde 4,00 €10:30 - 19:30(GMT+02:00) Plaza Elíptica

Detalles do eventos

Volve o 𝗣𝗲𝗾𝘂𝗲𝗳𝗿𝗲𝗮𝗸 – 𝗢 𝗺𝗲𝘂 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹, unha completa xornada dentro do Galician Freaky Film Festival na que os e as pequefreaks poderán desfrutar do seu propio festival de cinema!

C.C. Plaza Elíptica e as súas sedes (Apo’strophe.arte e Cines Tamberlick) acollerán este evento, único na nosa contorna, no que os máis cativos poderán iniciarse no marabilloso mundo do cinema freak e no que gozarán da experiencia de vivir o seu propio festival de cinema.

Os e as pequefreaks poderán desfrutar dunha Selección Oficial creada para eles. 21 curtametraxes chegadas de todo o mundo, con 7 obras nunca vistas antes en Galicia e 3 delas inéditas en España. A favorita do público conseguirá alzarse có preciado galardón do Olimpo dos Pequefreaks 2024.

Este ano, freaks e pequefreaks poderán celebrar o 40º aniversario dun dos mellores filmes infantís do cinema europeo: A Historia Interminable (versión doblada en castelán). Wolfgang Petersen foi o responsable de dirixir a ambiciosa proposta de levar á gran pantalla o exitoso best-seller de Michael Ende. La Historia Interminable é toda unha viaxe a mundos imaxinarios e afastados que levará aos pequefreaks e aos freaks a sentir que volven cabalgar a lombos de Fújur, o dragón branco da sorte no que suca os ceos o protagonista da historia, Bastian. Unha oportunidade única de revivir este clásico da fantasía en pantalla grande.

  • 10:30 OBRADOIRO FXs con RICARDO SPENCER (2h). Apo’strophe.arte. PRAZAS ESGOTADAS.
  • 12:30 CURTAS: PEQUEFREAKS +7 (50′). Cines Tamberlick.
  • 16:00 CURTAS: TODOS OS PEQUEFREAKS, VOL. 1 (49′). Cines Tamberlick.
  • 17:30 CURTAS: TODOS OS PEQUEFREAKS, VOL. 2 (49′). Cines Tamberlick.
  • 19:00 O PELICULÓN: A HISTORIA INTERMINABLE (V.E.) (94′). Cines Tamberlick.

As entradas están dispoñibles na web do GFFF cun prezo de 4,00 € por sesión, agás O Peliculón, que custa 6,00 €. Hai dispoñible o abono VIPF (Very Important Pequefreak), que permite o acceso a todas as sesións de cine por 13,00 €. Máis información aquí.

Máis

Hora

21 setembro, 2024 10:30 - 19:30(GMT+02:00)

Localización

Plaza Elíptica

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events