PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Pequeártiko: “TRAS LOS PASOS DE PETER PAN”

23dec18:00Pequeártiko: “TRAS LOS PASOS DE PETER PAN”PEQUERRECHOS | Desde 8,00€18:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Un ano máis, os máis pequenos e pequenas da casa seguen tendo un espazo destacado na programación deste mes grazas ao IX Festival Pequeártiko de Nadal que terá lugar do 22 ao 31 de Decembro na Sala Ártika (Avda Beiramar 113, Vigo) e que conta cada vez cunha mellor acollida, tantoe ntre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente.

Este festival está formado por 9 espectáculos de nove compañías de todo o territorio nacional que ofrecerán aos máis cativos da casa 12 representacións de teatro, títeres, e danza. Unha programación variada para gozar das artes escénicas en familia.

“Tras los pasos de Peter Pan”

“Tras los pasos de Peter Pan”, é a nova montaxe de Teatre de la Caixeta. Un divertido espectáculo de danza, teatro xestual, pantomima e sombras, que convida a reflexionar sobre a necesidade de crecer sen presa, crecer ao seu debido tempo, gozando de ser neno. E como a través da amizade todo se soluciona. A historia fala de dúas nenas. Palmira quere ser maior e Sandra só quere seguir gozando dos seus xoguetes. Palmiera quere que Sandra xogue con ela a ser maior… Ata que descobren o libro de Peter Pan e comezan a lelo xuntas. Aí comeza a historia de Peter Pan, con este buscando a súa sombra na habitación de Wendy, á quen leva á Nunca Xamais, onde coñecerá ao Capitán Garfo, ao crocodilo … e aos nenos perdidos, abrindo os seus ollos á imaxinación e a capacidade de seguir gozando da nenez.

Programación

– Venres 22 de decembro ás 18:00h; “Molly y el gigante” de La Machina teatro (Cantabria)
– Sábado 23 de decembro ás 12:00h e ás 18:00h; “Tras los pasos de Peter Pan” de Teatre de La Caixeta (Comunidade Valenciana)
– Domingo 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro (Galicia)
– Martes 26 de decembro ás 18:00h; “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz” de Teatro del Andamio (Galicia)
– Mércores 27 de decembro ás 18:00h; “O xardín de Vila Gris” de Fulano, Mengano e Citano (Galicia)
– Xoves 28 de decembro ás 18:00h; “Superchica” de Bambalúa teatro (Castela e León)
– Venres 29 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Aupapá” de ZigZag danza (Asturias)
– Sábado 30 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Burbuja” de Títeres sin cabeza ( Aragón)
– Domingo 31 de decembro ás 12:00h “A nena e os tres osos” de Migallas Teatro (Galicia)

Entradas

Máis

Hora

23 decembro, 2023 18:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events