REVISTA ABRIL

Pasiño a pasiño, imos facendo o camiño de Santiago

20xuñ09:45Pasiño a pasiño, imos facendo o camiño de SantiagoACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde 09:45(GMT+02:00) Campo de Fútbol de A Gándara

Detalles do eventos

A parroquia de Valadares colabora co Xacobeo XXI promovendo unha camiñada guiada polo seu treito do Camiño Portugués do Norte, 5 kilómetros que separan o Moxón Real da estrema coa parroquia de Vincios das inmediacións do Hospital Álvaro Cunqueiro. A peregrinación, denominada ‘Pasiño a pasiño imos facendo o camiño de Santiago’ pasa por varios dos espazos naturais máis fermosos da parroquia máis extensa de Vigo. A ruta, de baixa dificultade e apta para toda a familia, celebra a súa segunda edición cunha extensa programación cultural, que amenizará a todos os que se acheguen para converterse en peregrinos por un día.

A camiñada comeza ás 9:45 h no campo de fútbol da Gándara. A primeira parada será sobre as 10.00 h. no moxón real da estrema con Vincios (A Pasaxe), onde os camiñantes poderán escoitar as vivencias dalgúns dos experimentados andaríns xacobeos que nos acompañen, para iniciar de seguido a ruta cos Trobadores Aldariña de Candeán e o Cego de Matamá. As seguintes paradas serán na casa do peregrino de Valadares (10.30 h.) e nos centenarios muíños do Rendondo e de Longras (11:00 h.), ata chegar ás inmediacións do hospital Álvaro Cunqueiro, límite do camiño de Santiago que discorre pola parroquia. A ruta continúa volvendo sobre os seus pasos, polo Muíño da Senra (12.15 h.) e pola leira do Centro Veciñal e Cultural de Valadares (12:30 h.), punto onde a Unión Musical de Valladares ofrecerá un concerto adicado ao Xacobeo e ás peregrinacións (13:00 h.). No mesmo lugar, Grato Amor, vicepresidente da asociación Amigos dos Pazos, Luís Martínez da web caminador.es e Campio Salgueiro, da asociación do Camiño de Santiago sen asfalto iniciarán un breve parladoiro sobre o descoñecido camiño do norte.

Unha vez rematada esta peregrinación cultural, os camiñantes poderán disfrutar dun espazo para facer un picnic na área natural da leira da Senra ao carón da cafetería do Centro Veciñal e Cultural de Valadares mentras continúan os romances e cantigas de Aldariña de Candeán e o Cego de Matamá (15:00 h.), o espectáculo de varieté de circo coa compañía Cirkompacto e Lila Star (16:00h.) e o concerto de Da Cruz One Man Band, o home orquesta de Coimbra (17:00 h.).

As inscricións están abertas ata o 18 de xuño ás 14:00 horas na sede do Centro Veciñal e Cultural de Valadares ou a través da súa páxina web www.valladares.tv, onde tamén está dispoñible a reserva das prazas para acudir únicamente aos espectáculos programados, todo completamente de balde. No caso de mal tempo, as actividades trasladaranse ao Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares desde ás 12.00 ata as 14.30 h.

Máis

Hora

(Domingo) 09:45(GMT+02:00)

Localización

Campo de Fútbol de A Gándara

36315, Camiño do Futbol, 11, 36315 Vigo, Pontevedra

Other Events