REVISTA SETEMBRO

'As máis molonas de Pakolas'

03set19:00'As máis molonas de Pakolas'PEQUECHOS| De balde 19:00(GMT+02:00) Praza do Abanico

Detalles do eventos

Nestes concertos, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coa cativada, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

Ás 19:00, nos seguintes días e lugares:

  • martes 3, As máis molonas de Pakolas na praza do Abanico (na zona vella preto de Casa do Concello)
  • mércores 4, Ramona Órbita, a dona do tempo na zona peonil do Calvario
  • xoves 5, Rockeando con Ramona Órbita na alameda de Bouzas
  • venres 6, As máis molonas de Pakolas na praza da Independencia
  • sábado 7, As máis molonas de Pakolas en Navia (As Teixugueiras, 22-24)

Paco Cerdeira (Músico, Compositor e Produtor) leva adicándose ao público infantil dende xa fai mais de 16 anos, comezando os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego), do que participou nos seus traballos durante mais de 10 anos continuadamente, sendo eixo principal dos espectáculos desenvolvidos en coles, teatros, auditorios, librerías, bibliotecas, feiras do libro, etc.

No ano 2014 decide formar a súa propia banda de música infantil, dada a súa longa traxectoria neste eido profesional, e nace así A Gramola Gominola. No ano 2015 comeza a traballar no seu proxecto persoal en solitario, Pakolas, e nace así unha nova proposta para espectáculo individual. Segue traballando así con letras e composicións propias e adentrando no mundo dos contos.

Os recoñecementos públicos de Pakolas logo chegan, estando nomeado ao Premio Galego da Música Martín Códax na categoría Música Infantil, no ano 2018. O seu primeiro librodisco Pakolas esgota a súa primeira edición en menos de nove meses, o segundo librodisco de Ramona Órbita xa vendeu mais de 2.000 exemplares, reeditando en LibroQr no setembro de 2022, e a terceira entrega dos seus traballos chega ao mercado en Abril de 2023, ano no que tamén resulta gañador do XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e finalista nos X Premios Martín Códax da Música na Categoría de Música Infantil. 

Máis

Hora

3 setembro, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

Praza do Abanico

Rúa San Sebastián, 12 36202 Vigo Pontevedra

Other Events